Skip to content

Migración da revista a Typst #110

Description

@deivisCode

Quero abrir por primeira vez a posibilidade de migrar o proxecto a Typst.

Despois de varios meses editando e tratando con LaTeX e Typst so acabei máis descontento co primeiro. Ao principio, a excusa era que ningún de nós coñecía Typst, e que LaTeX era o cánon. Logo, a excusa era que LaTeX é completamente estable e que é o que coñece todo o mundo. Sin embargo en cada nova edición volvemos a darnos nos fuciños cas complexidades de LaTeX: compilación excesivamente lenta, sintaxe moi complicada, macros e proxecto pouco robusto, etc. Ao final, que sexa estable ou que sexa o cánon non compensa as dificultades que inclúe. Penso que igual é máis simple unha migración, e no futuro tal vez algún cambio no código, que tratar cun documento de LaTeX en cada edición. Asique pensei que era boa cousa facer unha pequena discusión aberta.

Pequena comparativa

LaTeX: (pros)

  • É a linguaxe usual que coñecen estudantes de física e matemáticas.
  • O proxecto xa está completamente feito a LaTeX.
  • LaTeX é estable e está rematado. Non imos ter que preocuparnos nunca por cambiar o código.

LaTeX: (cons)

  • A pesar de que é coñecida por todos, polo que vin a maioría apenas sabe programar en LaTeX, só copiar e pegar liñas e bloques de código vellas. De pouco sirve que sexa coñecido se non saben usalo.
  • Compila extremadamente lento, nuns ~30s. Dificulta moitísimo arranxar problemas.
  • O proceso de compilación é moi enrevesado e non funciona igual en distintos sistemas operativos. Require usar LuaLaTeX, Perl, latexmk e ducias de paquetes.
  • As mensaxes de erro son inútiles. Tamén dificulta arranxar erros.
  • Fai falla unha distribución completa de LaTeX para asegurar que a revista compila. Non hai forma de versionar os paquetes que se usan.
  • É moi complexo, na linguaxe, no proceso de compilación, etc. Dificulta en xeral o traballo e tamén que xente nova se poña a editar.
  • Non hai maneira de xerar un PDF/UA-1 fácilmente

Typst: (pros)

  • É unha sintaxe moi simple e extremadamete potente.
  • Compila en menos de 1s en xeral. Ten a opción de compilacións sucesivas con caché o que o reduce a décimas.
  • O proceso de compilación é moi simlple, so hai que chamar a typst.
  • É compatible entr Linux, Windows e Mac. Hai binarios para distintos Sistemas e nas moi malas pode instalarse cargo e xa estaría.
  • As mensaxes de erro son claras e útiles.
  • Instalar typst é dabondo, e nas moi malas un ou dous paquetes máis.
  • É trivial asegurarse de que se usan versións correctas dos paquetes que se usan.
  • É trivial xerar un PDF/UA-1

Typst: (cons)

  • É unha linguaxe que coñece menos xente.
  • O proxecto xa está completamente feito a LaTeX. Teríamos que decidir como facer unha migración.
  • Typst inda non é estable (0.14). Polo que estiven vendo, espéranse cambios engadindo funcionalidade nova (tipos, elementos personalizados, etc.). É posible que faga falla cambiar algunhas cousas no futuro, e.g. [1]
  • Hai un par de detalles tipográficos que inda non están implementados, concretamente [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7], polo que se vería diferente.

Posible migración

No caso de migrar o código hai que responder a:

  • Esperamos que a xente aprenda Typst ou reescribimoslle nós as cousas? En especial, cousas como TikZ.
  • Que se fai co código de LaTeX? Simplemente sobreescribimos todo e pasamos a ser 100% Typst ou gardámolo nalgures (e.g. dous procesos de compilación, un vello e un novo)

Activity

Sign up for free to join this conversation on GitHub. Already have an account? Sign in to comment

Metadata

Metadata

Assignees

No one assigned

    Labels

    No labels
    No labels

    Type

    No type

    Projects

    No projects

      Milestone

      No milestone

      Relationships

      None yet

      Development

      No branches or pull requests

      Issue actions